Na clase de Cidadanía que, como sabedes, só se estuda en 6º de Primaria, estamos a traballar nun tema moi interesante como é a forma de resolver os conflictos ou, o que é mellor, a como evitalos.
Xuntámonos en dous grandes equipos: os gatiños e os canciños.
Despois de organizarnos, fixemos tamén traballos individuais con distintos tipos de formato (murais, cadernos...) con debuxos e ilustracións alusivas sobre esta temática. Aquí van algúns exemplos:
A empatía é tamén un exemplo dese comportamento ou postura que debemos ter sempre á hora de defender as nosas ideas, é dicir, os "modos" e , ao mesmo tempo, poñerse no seu lugar para comprendelo mellor.
A conclusión é, que con este traballo, percatámonos da importancia que ten o evitar os conflictos á hora de traballar en común e o de tentar levarse ben para que os resultados sexan bos.
Equipo de traballo.
Un ano máis, o último para nós, celebramos o Magosto con tintes solidarios en prol dos nenos e nenas
de África (R. do Congo).
Como en todo xogo e deporte, o importante é participar e nesta carreira aínda máis, a verdadeira finalidade era recaudar cartos para axudar aos que máis o necesitan.
Cada un de nós colaborou dentro das súas posibilidades para mellorar un pouquiño a situación de desnutrición e falta de asistencia sanitaria que padece a infancia neste continente.
Ao rematar a carreira, fomos por grupos a comer as castañas e chourizos preparados polos profes no patio cuberto do cole e despois tivemos un ratiño para xogar cós compañeiros todos xuntos.
A verdade é que o pasamos moi ben, todo estaba boísimo e disfrutamos ao máximo do noso derradeiro Magosto en Espedregada.
Na aula, traballamos esa semana coa unidade didáctica e fixemos traballos ilustrativos por grupos.
Estes son algúns deles, esperamos que vos gusten!!
Gabriela Pazos.

.jpg)

