twitter


Aquí vos deixamos a presentación que fixemos  co PPT do Escenario.













Equipo de traballo


...E pouquiño a pouco foron pasando os días e hoxe chegou o máis sinalado: 

 o de presentar públicamente o noso traballo ao resto dos compañeir@s.


 Estabamos algo

 nerviosos porque

para nós 

era un día moi 

importante: 


tiñamos que explicar

 de xeito sinxelo

 que fixemos ao longo 

destas semanas. 



Preparamos a Presentación co Power Point e, 

a verdade foi, que resultou bastante amena.

 Conseguimos acaparar a súa atención e 

pensamos que disfrutaron da explicación e, 

polo que percibimos, eles tamén se 

ilusionaron 

para traballar o curso que vén en algo 

parecido (aos de 5º gústalle moito traballar 

deste xeito).


Tamén lles amosamos un vídeo que gravamos cando estabamos traballando na actividade do 

Mapa mental.


 Ao final, deixámoslle tempo para preguntas e algunhas foron moi interesantes como: 
  • Cales son os recursos Tics?

  • Que é un porto USB?

  • Que é unha tarxeta de memoria?

  • Como nos arranxábamos cando non había internet?
    

 Equipo de traballo


   Ola a tod@s!! 
  

     Despois de varias semanas de traballo, investigación, esforzo, concentración... para poder cumprir co desexo de rematar neste trimestre a publicación da nosa primeira portada, xa podemos dicir que: "misión cumprida"!! Agora só nos queda amosala ao resto dos alumn@s. 
  
    A verdade é que estamos bastante satisfeitos do resultado porque, aínda que tivemos moitos atrancos e inconvenientes, conseguimos acabala no prazo previsto.

    Aquí vos deixamos este traballo que formou parte dun "Escenario" onde as Tics foron realmente as protagonistas desta historia.



  Esperamos que os nosos comentarios e explicacións desta actividade vos fora de axuda e proveito para seguir traballando con proxectos similares e con resultados positivos.

                                                                  Equipo de traballo


   










O seguinte paso é amosar  como comezamos a deseñar a portada do que será o noso xornal.

   Ao principio, tiñamos dúbidas de que programa empregar e aproveitamos para pornos ao día sobre este tema. 
Buscamos información e atopamos que existen varios programas útiles para a maquetación como o Scribus, o Publisher e un moi interesante que se chama Easelly que serve para facer infografías.














As infografías son edicións de revistas con textos e ilustracións presentada de maneira gráfica e que resultan moi atractivas de ler e onde moitas imaxes entán realizadas por ordenador.















Mais ao final, pensamos que o máis doado para nós era traballar co 
Word e comezamos a maquetación neste programa.
Aquí podedes ollar como foi evolucionando a portada a medida que a iamos completando con información, ilustracións, deseño, cor...


Traballamos tanto no colexio como na casa, axudándonos do correo electrócnico e/ou do Pendrive.
A continuación podedes ver un videotitorial de como se crea unha infografía con Easelly.



Uxía




   Nesta entrada queremos informarvos do que significa un mapa mental.

   Un mapa mental ou conceptual é unha actividade que consiste en poñer en común todos os elementos e conceptos que vamos a traballar e interrelacionalos tendo en conta: os retos, as ferramentas ou recursos, as oportunidades e as actividades propiamente ditas.

   
   

   


   

  

   Cada concepto vai clasificado por cores (retos, de vermello; recursos, de amarelo; verde, as oportunidades e azul, as actividades) que, á súa vez, xerarquízanse segundo o grao de dificultade. 
   Neste caso, o traballo fixémolo nunha cartoliña e con post-it de catro cores fomos pegando os distintos elementos que o conforman.
   O que fixemos nesta parte do proxecto ou escenario foi relacionar ideas a modo de titulares que tiñan similitudes entre si e organizalas espacialmente con criterio e de xeito xerarquizado. Isto serve de moita axuda, porque a partires de aquí, podemos ir desenvolvendo o traballo máis facilmente.

                                                   ANDREA




Aquí estamos outra vez!  

Hoxe queremos comentarvos que para facer un proxecto ou escenario onde as actividades están encamiñadas a fomentar o uso das tecnoloxías,  é importante que levemos un rexistro de cada unha das actividades que vamos realizando. 



       






 Este rexistro ou "control" estámolo a facer con fotos que vamos imprimindo e pegando no que lle chamamos "Diario Extra". 

 Este traballo sería como editar outro xornal, pero a modo de recordatorio fotográfico con notas ou pequenas explicacións que axudan a entender mellor o que estamos a realizar.
Unha vez rematado, ímolo dixitalizar e facer unha presentación co Power Point.

De momento, xa temos a portada, que está feita con letras recortadas de xornais e as dúas primeiras páxinas.

Para darlle un aspecto máis xornalístico, preparamos unha plantilla con columnas de xornais e por riba, fomos colocando as fotos con espazos azuis para escribir o texto.

Esperamos que vos guste...a nós encántanos!!
                                                                                                                               Leo


    Ao longo desta semana, estivemos buscando información sobre como traballan os xornalistas, como conseguen a información, con que programas traballan, como se deben publicar as noticias para que sexan máis atractivas e impactantes e como se chaman as partes dun xornal.




   Investigamos vendo vídeos, presentacións, webs... que nos serviron de gran axuda para elaborar o noso traballo.





   Despois, cada un de nós, traballamos na portada dun xornal impreso, recortamos as partes e colocamos os nomes. A continuación nos podedes ver traballando nesta actividade tan interesante.
 

      Uxía





  Ola outra vez!

  Estes días andamos a pensar con moita ilusión, como chamarlle ao noso xornal e, entre todos, decidimos poñerlle: "A Voz de Espedregada". 

  Tamén comezamos a traballar no deseño, inspirándonos en xornais impresos e dixitais; manexamos varios formatos e xa temos máis ou menos ideada como será a plantilla da portada do noso xornal. 
  A partires de aquí, xa podemos ir escribindo as novas que temos xa redactadas e insertando as fotos que editamos con anterioridade.
 Como sabedes, todas elas van a falar das actividades máis importantes que se realizaron neste trimestre ( Día das Bibliotecas, O Samaín, e proxectos que levamos a cabo no cole como son :"Bichiños"e Patrulla verde).
                                                                                            Andrea


           


   Ola, eu son Leo, son alumno da clase de 6º do cole de Espedregada.
    Na nosa clase estamos xuntos os de 5º e 6º porque somos pouquiños; o noso titor chámase D. Miguel que vén sendo o mestre máis antigo do cole por iso lle chamamos “don”(coidadiño...un respecto).
    As miñas compañeiras de curso chámanse Andrea e Uxía son unhas nenas, todo hai que dicilo, guapas, intelixentes e moi traballadoras tanto, que ás veces, deixanme atrás e lévoo bastante mal. Aínda así, teño moita sorte de telas como compañeiras porque tiran por min e ata lles gaño cando me poño. 
 
    Eu son un neno algo despistado, calquera cousa me serve para evadirme: unha imaxe, un xesto, un comentario...eu que sei...e ala! os profes xa están chamándome a atención:
 
_Pero...Leo!! Por onde andas hoxe?
Eu non son quen de contestar e os rapaces dinme:
 _ Leeeeeeeo!!
_ Ai!! Si si.
 
   Sabedes, as cousas nas que máis penso son os problemas que teñen as persoas. Sempre sentín moita mágua pola xente que o pasa mal, que non ten cartos para comer ou para unha casa, que a botan do traballo, familias que se separan, nenos que teñen que cambiar de cole e de compañeiros...se poidera arranxar a súa situación dalgunha maneira, faríao. 
 
    Un día, a mestra de Cidadanía, propúxonos facer unha actividade distinta, eu esta vez estaba superatento. A actividade consistía en elaborar e deseñar a portada dun xornal, tiñamos que formar equipos de traballo e decidir en que parte nos gustaría colaborar, ben por afinidades ou por capacidades.
   
   Ese día pensei: vaia... que interesante! Eu quero participar na parte da busca e elaboración desas novas que a min tanto me preocupan, para dalgún xeito dalas a coñecer e ver se teñen solución.

   A min dáseme ben escribir, redactar e púxenme mans á obra. Tamén domino un pouco algúns programas informáticos como o Power Point, o Word, teño correo electrónico e gústame a fotografía. Polo tanto, sei que podo facer un bo traballo, se me poño, claro.

                                                           Leo