...E pouquiño a pouco foron pasando os días e hoxe chegou o máis sinalado:
o de presentar públicamente o noso traballo ao resto dos compañeir@s.
Estabamos algo
nerviosos porque
para nós
era un día moi
importante:
tiñamos que explicar
de xeito sinxelo
que fixemos ao longo
destas semanas.
Conseguimos acaparar a súa atención e
pensamos que disfrutaron da explicación e,
polo que percibimos, eles tamén se
ilusionaron
para traballar o curso que vén en algo
parecido (aos de 5º gústalle moito traballar
deste xeito).
Tamén lles amosamos un vídeo que gravamos cando estabamos traballando na actividade do
Mapa mental.
Ao final, deixámoslle tempo para preguntas e algunhas foron moi interesantes como:
Equipo de traballo
Ola a tod@s!!
Despois de varias semanas de traballo, investigación, esforzo, concentración... para poder cumprir co desexo de rematar neste trimestre a publicación da nosa primeira portada, xa podemos dicir que: "misión cumprida"!! Agora só nos queda amosala ao resto dos alumn@s.
A verdade é que estamos bastante satisfeitos do resultado porque, aínda que tivemos moitos atrancos e inconvenientes, conseguimos acabala no prazo previsto.
Esperamos que os nosos comentarios e explicacións desta actividade vos fora de axuda e proveito para seguir traballando con proxectos similares e con resultados positivos.
Equipo de traballo
Ao principio, tiñamos dúbidas de que programa empregar e aproveitamos para pornos ao día sobre este tema.
Buscamos información e atopamos que existen varios programas útiles para a maquetación como o Scribus, o Publisher e un moi interesante que se chama Easelly que serve para facer infografías.
As infografías son edicións de revistas con textos e ilustracións presentada de maneira gráfica e que resultan moi atractivas de ler e onde moitas imaxes entán realizadas por ordenador.
Mais ao final, pensamos que o máis doado para nós era traballar co
Word e comezamos a maquetación neste programa.
Aquí podedes ollar como foi evolucionando a portada a medida que a iamos completando con información, ilustracións, deseño, cor...
A continuación podedes ver un videotitorial de como se crea unha infografía con Easelly.
Uxía
Nesta entrada queremos informarvos do que significa un mapa mental.
Un mapa mental ou conceptual é unha actividade que consiste en poñer en común todos os elementos e conceptos que vamos a traballar e interrelacionalos tendo en conta: os retos, as ferramentas ou recursos, as oportunidades e as actividades propiamente ditas.
Cada concepto vai clasificado por cores (retos, de vermello; recursos, de amarelo; verde, as oportunidades e azul, as actividades) que, á súa vez, xerarquízanse segundo o grao de dificultade.
Neste caso, o traballo fixémolo nunha cartoliña e con post-it de catro cores fomos pegando os distintos elementos que o conforman.
O que fixemos nesta parte do proxecto ou escenario foi relacionar ideas a modo de titulares que tiñan similitudes entre si e organizalas espacialmente con criterio e de xeito xerarquizado. Isto serve de moita axuda, porque a partires de aquí, podemos ir desenvolvendo o traballo máis facilmente.
Aquí estamos outra vez!
Hoxe queremos comentarvos que para facer un proxecto ou escenario onde as actividades están encamiñadas a fomentar o uso das tecnoloxías, é importante que levemos un rexistro de cada unha das actividades que vamos realizando.
Este rexistro ou "control" estámolo a facer con fotos que vamos imprimindo e pegando no que lle chamamos "Diario Extra".
Este traballo sería como editar outro xornal, pero a modo de recordatorio fotográfico con notas ou pequenas explicacións que axudan a entender mellor o que estamos a realizar.
Unha vez rematado, ímolo dixitalizar e facer unha presentación co Power Point.
De momento, xa temos a portada, que está feita con letras recortadas de xornais e as dúas primeiras páxinas.
Este rexistro ou "control" estámolo a facer con fotos que vamos imprimindo e pegando no que lle chamamos "Diario Extra".
De momento, xa temos a portada, que está feita con letras recortadas de xornais e as dúas primeiras páxinas.



