twitter


       Esta primeira semana, traballamos a importancia que ten o feito de non contaminar con sumar vidas; é dicir, cando botamos lixo non biodegradable de xeito irresponsable onde non se debe, pode provocar a morte de seres vivos.

         Para elo traballamos a Unidade Temática: "Vida e Ecoloxía" que fala dun feito concreto e real que lle sucedeu a unha delfín que quedou gravemente ferida na cola por culpa dun pescador que tirou ao mar unha trampa para cangrexos. 

    A partir desta historia real, realizouse unha película protagonizada pola propia delfín chamada Winter e que visionamos na clase. 
   



        A historia é un canto á vida e ao instinto de supervivencia, que trala amputación da cola, Winter consegue sobrevivir gracias a unha prótese pagada pola solidaridade da xente. 
      Tamén destacar a fermosa amizade que surxíu entre a delfín e Sawyer, un neno de 11 anos con problemas de integración na escola, que axiña conecta co delfín e sente a necesidade de asumir o seu coidado adicándolle todo o tempo; incluso, faltando a clase.



                       

       Despois realizamos traballos en forma de cómic sobre a película e outras mostras de solidaridade que na vida real sucederon e que teñen que ver coa protección da natureza e dos seres vivos.












Practicamos o deporte que máis nos gusta.


    

Disfrutamos das noites estreladas á beira do mar.

 

Navegamos por fermosas paraxes. 


Tamén adicamos un tempo á informática e repasar.


Disfrutamos do sol e do mar.

E pasamos bos ratos vendo triunfar  aos nosos deportistas.