Esta primeira semana, traballamos a importancia que ten o feito de non contaminar con sumar vidas; é dicir, cando botamos lixo non biodegradable de xeito irresponsable onde non se debe, pode provocar a morte de seres vivos.
Para elo traballamos a Unidade Temática: "Vida e Ecoloxía" que fala dun feito concreto e real que lle sucedeu a unha delfín que quedou gravemente ferida na cola por culpa dun pescador que tirou ao mar unha trampa para cangrexos.
A partir desta historia real, realizouse unha película protagonizada pola propia delfín chamada Winter e que visionamos na clase.
A historia é un canto á vida e ao instinto de supervivencia, que trala amputación da cola, Winter consegue sobrevivir gracias a unha prótese pagada pola solidaridade da xente.
Tamén destacar a fermosa amizade que surxíu entre a delfín e Sawyer, un neno de 11 anos con problemas de integración na escola, que axiña conecta co delfín e sente a necesidade de asumir o seu coidado adicándolle todo o tempo; incluso, faltando a clase.

25 de septiembre de 2012 a las 15:53
Os traballos novos que publicamos son estupendos,temos que traballar moito este ano porque así facemos debuxos novos, cousas de informática, bailes, explicamos as novas asinnaturas...
Bicos a todos e moito ánimo cara este ano.