twitter



  Este ano, o Entroido foi algo especial, porque fomos todos da mesma temática a modo de comparsa: "os anos 60" e os protagonistas: a banda de rock británica "Os Beatles".
 A nós tocounos ir de Beatles, cun grupo de baile, os gardaespaldas e a manager, que se encargou de organizar a actuación.
 
 Os ensaios foron moi divertidos, pero intensos; xa que foron moitas as horas que empregamos para que saíra ben e, ao longo dun  mes, estivemos levando a cabo os preparativos.

 Ensaiamos coa teacher a canción "Love me do" e "Come together",que cantamos todo o cole e, coa profe de música, a parte do baile e interpretación. Divertímonos moito facendo xestos e demáis.
 Case sen darnos de conta,  chegou o día. Todos estabamos moi contentos, mais os nervios estaban aí. 
 Pola mañá, á primeira hora, fixemos un último ensaio e, despois, para calmarnos un pouco, comimos os ricos postres que as nosas familias nos prepararon (graciñas).

  Logo, saímos á rúa por cursos e comezamos a desfilar ata Samieira ao ritmo da música brasileira.
  As nais tamén se animaron a acompañarnos disfrazándose de hippies e ata estaba a raíña-nai Isabel II de Inglaterra!!
  Cando chegamos a Samieira, formamos un círculo e comezamos a actuar:

  Os primeiros foron os de 4º e 5º, que cantaron "Come Together".

 Logo nós, os de 6º, que interpretamos aos Beatles cantado un popurri das súas cancións máis coñecidas.
  Rematamos, cantando todos a canción "Love me do".
  Finalmente, bailamos e xogamos un ratiño antes de marchar de vacacións.

 
  Foi un Entroido moi musical!! 
  Para nós, o derradeiro no colexio Espedregada.

                                                                       Alberto D.

0 comentarios:

Publicar un comentario