twitter


     Como sabedes, este ano se celebra o "Ano Internacional da  Cooperación na Esfera da Agua" e por iso, o pasado venres 22, tivemos unha actividade a modo de obradoiro, para falarmos da importancia que ten aforrar auga, sobre todo a nivel doméstico e tamén que debemos reciclar sempre o lixo que xeramos.


   Os profesores Nam e Nem encargáronse de explicarnos que debemos procurar ser selectivos coas sustancias que máis contaminan a auga como o aceite usado (non botalo nunca polo vertedoiro) e as pilas, que deben botarse nun contenedor especial que as clasifica para un mellor reciclado.


 Fixemos entre todos, unha actividade de selección de lixo para podelo reciclar despois e, aínda que quixeron despistarnos (porque había cousas que non se botaban en ningún contenedor) pensamos que o fixemos bastante ben. 


   Tamén nos explicaron o tema do "Ciclo da auga", de como da evaporación da auga polo Sol, prodúcese vapor que se acumula nas nubes e que despois, ao enfriarse, precipita en forma de chuvia.

   
  Despois, aprendemos que se reciclamos ben, non contaminamos o noso planeta e o mantemos máis limpo entre todos.



    Finalmente, cantamos a canción titulada  "O rap da auga" e tamén  nos agasallaron  cos Cadernos da Ecopatrulla, onde aparecen os personaxes que vixían o medio ambiente na nosa terra galega.




       Aquí vos deixamos algúns datos interesantes sobre o consumo actual de auga doméstica.

                                        

                 
 SABEDES CANTA AUGA SE CONSUME NAS TAREFAS COTIÁS?
       TABOA DE CONSUMO 
 LITROS

Lavadora

Lavalouza

Cociñar e beber por persoa

Ducharse

Bañarse

Lavar os dentes coa billa aberta

Lavar os dentes coa billa pechada

Afeitarse coa billa abierta

Lavar o coche con mangueira

Lavar o coche nun lavacoches

Desaugar o inodoro

Fregar os pratos

120 a 250

250 

2 a 4 

70 

200 
 
3

10
40 a 70 

500 

25 a 35 

10 a 15 

100




   COÑECES O CONSUMO DE AUGA POTABLE POR PERSOA E DÍA NO MUNDO?

Estados Unidos

Francia

Galicia

China

Mali


590 litros

290 litros

150 litros

88 litros

12 litros
  


 Sacade as vosas conclusións...




 Sabela e Grabriela.  

0 comentarios:

Publicar un comentario