twitter


    

   Con motivo da celebración esta semana do Día Das Bibliotecas escolares, os alumn@s do Terceiro ciclo disfrutamos dun día cultural rodeados de libros e historia.

    O xoves pola mañá, visitamos a Biblioteca Nodal de Pontevedra na rúa Alfonso XIII nº 3 que, ao longo da súa historia (1848), foi incorporando numerosas adquisicións, de diversas coleccións conformando o fondo co que conta hoxe.


    Na actualidade, os seus fondos elévanse a 145.550 títulos, 2.786 publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e 13.810 materiais especiais.
    

    A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas que a constitúen.

Entrada e recibidor

   No ano 2007, a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o ilustrador pontevedrés kilo Da Silva realizou varios murais na sala do primeiro andar.

              Zona de lectura para nen@s de Infantil

       

    Ao longo de dúas horas aprendimos, coa a axuda da bibliotecaria, como se organizan os libros, como debemos buscalos e identificalos facilmente, como buscalos no Opac (catálogo informatizado en linea e de acceso público)...


Tamén realizamos actividades de búsqueda, lectura e xogos como o trivial.







E para rematar, mirade este vídeo onde aparecen as 15 mellores bibliotecas do mundo...a ver se vos gusta.
Feliz Día das Bibliotecas!




Equipo de traballo.







     



1 comentarios:

  1. As fotos son estupendas, a profe pillounos intrigados cos libros, na biblioteca de Pontevedra.
    Aprendemos moito, como por exemplo a clasificar os libros, como facerse socio, a xogar aos xogos que había alí...
    Un bico.

Publicar un comentario