Na cidade de Pontevedra visitamos tamén CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) que se atopa preto da Praza de España.
CITA é o primero centro museográfico municipal de Pontevedra que ten como único elemento en superficie un acceso a modo de boca de metro acristalada, na rúa Maestro Mateo.
No seu interior ten tres partes diferenciadas:
Primeiro, a entrada, onde se ofrece información contextual da Pontevedra medieval e moderna. Aquí hai unha maqueta a escala do que foi o edificio do pazo-fortaleza, unha colección de cerámica de diferentes épocas e sete pantallas táctiles con actividades interactivas.
Despois, a parte central, onde observamos a escarpa e a contraescarpa do foxo e unha ponte elevadiza, catapultas de pedra e pezas de cerámica atopadas na excavación.
Finalmente, o fondo, onde visionamos un audiovisual en tres dimensións con alusións á historia local de Pontevedra.
Equipo de Traballo
30 de octubre de 2012 a las 19:56
Estivo ven a visita a Cita porque aprendemos moito e o pasamos moi ben vendo a película en 3D e os xogos das pantallas táctiles.Saudos.