twitter


   O xoves 15 de novembro, os alumn@s de 6º saímos a visitar o Centro Arqueolóxico de A Caeira.

   Viaxamos no bus cós de Chancelas e saúdamos ao compañeiro Daniel, que o ano pasado estivera no noso cole. 

   Primeiro, visitamos a aula que se atopa detrás do Casal de Ferreirós e alí nos atendeu unha guía que nos explicou as características principais dos petroglifos que, como sabedes, son expresións artísticas dos nosos antepasados prehistóricos gravados en pedra. Aquí poidemos ver unha réplica exacta do petroglifo Pozo Ventura. Tamén vimos murais explicativos e vitrinas con restos arqueolóxicos.

   Despois, visionamos un vídeo didáctico que narraba de xeito ameno, a vida e costumes destes poboadores.

     Finalmente, subimos en bus ata A Caeira-Boa Vista, onde contemplamos os tres petroglifos que contan con protección de Monumento Nacional chamados: Laxe do Xugo (motivos diversos), Laxa das lebres (animais) e Pedra Grande de Montecelo (temática xeométrica).

     Aprendimos que esta arte rupestre forma parte da nosa cultura e que debemos repectala como tal e, como están moi erosionadas polo paso do tempo, cando as vistedes procurade non pisar, nin pintar, nin botar lixo para que se sigan conservando.

   Así que, paga a pena facer esta visita que está moi ben.










                                             Vivi 
Fernández
    
  

    

   




 O mércores, 31 de outubro, celebramos o Samaín-Halloween.

    Este ano estivo moi entretido porque houbo un pouco de todo: ambientación, disfraces, cabazas moi ben decoradas, poesías, bailes e a nosa obra de teatro titulada: "O castelo de Santiago".

   Esta  obra, como sabedes, foi escrita e interpretada por nós, os alumn@s de 6º e falaba da historia dunha nena chamada Marta que era moi aventureira e gustáballe pasear polos bosques e camiños da súa aldea. Ela sempre presumía de non terlle medo a nada. 


     Marta tiña dous amigos  chamados Luísa e Rober que a acompañaban nas súas andainas.            


 Un día, de súpeto, viron un castelo que aparecera no alto dun outeiro e xuntos decidiron adentrarse nel e investigar como aparecera aí onde nunca estivera, mais Marta non sabía que todo era unha broma dos seus amigos e da súa nai por ser tan atrevida.



   Ó final celebrámolo con chulas feitas de cabaza pola nai de Vivi (graciñas mami estaban boísimas)e confites para tod@s.

         A verdade que foi unha sorpresa para moitos...

Álvaro Martínez 6º