twitter


   O xoves 15 de novembro, os alumn@s de 6º saímos a visitar o Centro Arqueolóxico de A Caeira.

   Viaxamos no bus cós de Chancelas e saúdamos ao compañeiro Daniel, que o ano pasado estivera no noso cole. 

   Primeiro, visitamos a aula que se atopa detrás do Casal de Ferreirós e alí nos atendeu unha guía que nos explicou as características principais dos petroglifos que, como sabedes, son expresións artísticas dos nosos antepasados prehistóricos gravados en pedra. Aquí poidemos ver unha réplica exacta do petroglifo Pozo Ventura. Tamén vimos murais explicativos e vitrinas con restos arqueolóxicos.

   Despois, visionamos un vídeo didáctico que narraba de xeito ameno, a vida e costumes destes poboadores.

     Finalmente, subimos en bus ata A Caeira-Boa Vista, onde contemplamos os tres petroglifos que contan con protección de Monumento Nacional chamados: Laxe do Xugo (motivos diversos), Laxa das lebres (animais) e Pedra Grande de Montecelo (temática xeométrica).

     Aprendimos que esta arte rupestre forma parte da nosa cultura e que debemos repectala como tal e, como están moi erosionadas polo paso do tempo, cando as vistedes procurade non pisar, nin pintar, nin botar lixo para que se sigan conservando.

   Así que, paga a pena facer esta visita que está moi ben.










                                             Vivi 
Fernández
    
  

    

   

0 comentarios:

Publicar un comentario