O mércores, 31 de outubro, celebramos o Samaín-Halloween.
Este ano estivo moi entretido porque houbo un pouco de todo: ambientación, disfraces, cabazas moi ben decoradas, poesías, bailes e a nosa obra de teatro titulada: "O castelo de Santiago".
Esta obra, como sabedes, foi escrita e interpretada por nós, os alumn@s de 6º e falaba da historia dunha nena chamada Marta que era moi aventureira e gustáballe pasear polos bosques e camiños da súa aldea. Ela sempre presumía de non terlle medo a nada.
Marta tiña dous amigos chamados Luísa e Rober que a acompañaban nas súas andainas.
Un día, de súpeto, viron un castelo que aparecera no alto dun outeiro e xuntos decidiron adentrarse nel e investigar como aparecera aí onde nunca estivera, mais Marta non sabía que todo era unha broma dos seus amigos e da súa nai por ser tan atrevida.
Ó final celebrámolo con chulas feitas de cabaza pola nai de Vivi (graciñas mami estaban boísimas)e confites para tod@s.
A verdade que foi unha sorpresa para moitos...
Álvaro Martínez 6º


