Como sabedes, a semana pasada celebramos a Semana da Prensa escolar.
O xornal é o protagonista e convértese no libro de texto ao longo da semana.
Esta actividade gústanos moito porque rompe un pouco coa rutina diaria e, aínda que sempre falamos de temas de actualidade, é un xeito de ter as novas á man e traballar con elas directamente.
Este ano o que fixemos foi traballar por grupos de catro, rotando os diferentes tipos de xornais e traballar cunha noticia entre todos.
Este traballo ía encamiñado a practicar para o concurso ao "Mellor Periodista Infantil e Xuvenil" que convoca o Programa Prensa-escuela da Voz de Galicia, que consiste en es escoller unha noticia da Voz, comentala ao noso xeito, cambiando o títular e a ilustración.
A verdade é que, ao principio, nos pareceu doado pero logo, ao poñernos en serio, vimos como foron aparecendo as dificultades para redactar de forma resumida e clara.
Xa veremos...
Como se di:
"O importante é participar" e aprender da experiencia.
Este é o resultado final!
Grupo de traballo.

