Na clase de Cidadanía que, como sabedes, só se estuda en 6º de Primaria, estamos a traballar nun tema moi interesante como é a forma de resolver os conflictos ou, o que é mellor, a como evitalos.
Xuntámonos en dous grandes equipos: os gatiños e os canciños.
Despois de organizarnos, fixemos tamén traballos individuais con distintos tipos de formato (murais, cadernos...) con debuxos e ilustracións alusivas sobre esta temática. Aquí van algúns exemplos:
A empatía é tamén un exemplo dese comportamento ou postura que debemos ter sempre á hora de defender as nosas ideas, é dicir, os "modos" e , ao mesmo tempo, poñerse no seu lugar para comprendelo mellor.
A conclusión é, que con este traballo, percatámonos da importancia que ten o evitar os conflictos á hora de traballar en común e o de tentar levarse ben para que os resultados sexan bos.
Equipo de traballo.
Un ano máis, o último para nós, celebramos o Magosto con tintes solidarios en prol dos nenos e nenas
de África (R. do Congo).
Como en todo xogo e deporte, o importante é participar e nesta carreira aínda máis, a verdadeira finalidade era recaudar cartos para axudar aos que máis o necesitan.
Cada un de nós colaborou dentro das súas posibilidades para mellorar un pouquiño a situación de desnutrición e falta de asistencia sanitaria que padece a infancia neste continente.
Ao rematar a carreira, fomos por grupos a comer as castañas e chourizos preparados polos profes no patio cuberto do cole e despois tivemos un ratiño para xogar cós compañeiros todos xuntos.
A verdade é que o pasamos moi ben, todo estaba boísimo e disfrutamos ao máximo do noso derradeiro Magosto en Espedregada.
Na aula, traballamos esa semana coa unidade didáctica e fixemos traballos ilustrativos por grupos.
Estes son algúns deles, esperamos que vos gusten!!
Gabriela Pazos.
O xoves 15 de novembro, os alumn@s de 6º saímos a visitar o Centro Arqueolóxico de A Caeira.
Viaxamos no bus cós de Chancelas e saúdamos ao compañeiro Daniel, que o ano pasado estivera no noso cole.

Primeiro, visitamos a aula que se atopa detrás do Casal de Ferreirós e alí nos atendeu unha guía que nos explicou as características principais dos petroglifos que, como sabedes, son expresións artísticas dos nosos antepasados prehistóricos gravados en pedra. Aquí poidemos ver unha réplica exacta do petroglifo Pozo Ventura. Tamén vimos murais explicativos e vitrinas con restos arqueolóxicos.
Despois, visionamos un vídeo didáctico que narraba de xeito ameno, a vida e costumes destes poboadores.
Finalmente, subimos en bus ata A Caeira-Boa Vista, onde contemplamos os tres petroglifos que contan con protección de Monumento Nacional chamados: Laxe do Xugo (motivos diversos), Laxa das lebres (animais) e Pedra Grande de Montecelo (temática xeométrica).
Aprendimos que esta arte rupestre forma parte da nosa cultura e que debemos repectala como tal e, como están moi erosionadas polo paso do tempo, cando as vistedes procurade non pisar, nin pintar, nin botar lixo para que se sigan conservando.
Así que, paga a pena facer esta visita que está moi ben.
Vivi
Fernández
O mércores, 31 de outubro, celebramos o Samaín-Halloween.
Este ano estivo moi entretido porque houbo un pouco de todo: ambientación, disfraces, cabazas moi ben decoradas, poesías, bailes e a nosa obra de teatro titulada: "O castelo de Santiago".
Esta obra, como sabedes, foi escrita e interpretada por nós, os alumn@s de 6º e falaba da historia dunha nena chamada Marta que era moi aventureira e gustáballe pasear polos bosques e camiños da súa aldea. Ela sempre presumía de non terlle medo a nada.
Marta tiña dous amigos chamados Luísa e Rober que a acompañaban nas súas andainas.
Un día, de súpeto, viron un castelo que aparecera no alto dun outeiro e xuntos decidiron adentrarse nel e investigar como aparecera aí onde nunca estivera, mais Marta non sabía que todo era unha broma dos seus amigos e da súa nai por ser tan atrevida.
Ó final celebrámolo con chulas feitas de cabaza pola nai de Vivi (graciñas mami estaban boísimas)e confites para tod@s.
A verdade que foi unha sorpresa para moitos...
Álvaro Martínez 6º
GEORGE WASHINGTON
George
Washington naceu en Pope´s Creek o 22 de febreiro do
1732. Fillo de Augustine Washington e da súa segunda esposa Mary
Ball Washington, viviron preto da actual Colonial Beach. Máis
adiente, trasladadose a Ferry Farm no Condado de Stafford (Virxinia).
Foi educado no fogar polo seu pai e o seu irmán maior e, en
1751, viaxou co seu medio irmán a Barbados hospedándonse en Bush
Hill House.
Washington
era un rico cultivador de tabaco e inxeñeiro agrónomo. Servíu como
oficial de milicias na guerra franco-india contra os franceses e
dirixíu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Xurdidas as diferenzas
coa metrópole (Inglaterra, o rei Xurxo III subira aínda máis os
impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e, a
emancipación, despois.
O
Congreso de Filadelfia nomeouno xeneral xefe do Exército
Continental. Venceu aos xenerais ingleses: Clinton, Cornwallis,
Bourgoyne e Howe.
Finalmente,
en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país e no ano 1789, tras as primeiras eleccións, Washington gañou e foi
nomeado presidente sendo reelixido en 1793. Tras o seu segundo mandato, retirouse á vida privada en Mount Vernon.
O
seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e
mostrouse contrario a toda intervención en Europa.

.jpg)




.jpg)



