twitter


















                                










 TRABALLO REALIZADO POR:

ALBERTO D. , MARTÍN B.  E  JORGE V.



















  





          TRABALLO FEITO POR: Álvaro, Ana, Roberto e Joaquín



  Este ano, o Entroido foi algo especial, porque fomos todos da mesma temática a modo de comparsa: "os anos 60" e os protagonistas: a banda de rock británica "Os Beatles".
 A nós tocounos ir de Beatles, cun grupo de baile, os gardaespaldas e a manager, que se encargou de organizar a actuación.
 
 Os ensaios foron moi divertidos, pero intensos; xa que foron moitas as horas que empregamos para que saíra ben e, ao longo dun  mes, estivemos levando a cabo os preparativos.

 Ensaiamos coa teacher a canción "Love me do" e "Come together",que cantamos todo o cole e, coa profe de música, a parte do baile e interpretación. Divertímonos moito facendo xestos e demáis.
 Case sen darnos de conta,  chegou o día. Todos estabamos moi contentos, mais os nervios estaban aí. 
 Pola mañá, á primeira hora, fixemos un último ensaio e, despois, para calmarnos un pouco, comimos os ricos postres que as nosas familias nos prepararon (graciñas).

  Logo, saímos á rúa por cursos e comezamos a desfilar ata Samieira ao ritmo da música brasileira.
  As nais tamén se animaron a acompañarnos disfrazándose de hippies e ata estaba a raíña-nai Isabel II de Inglaterra!!
  Cando chegamos a Samieira, formamos un círculo e comezamos a actuar:

  Os primeiros foron os de 4º e 5º, que cantaron "Come Together".

 Logo nós, os de 6º, que interpretamos aos Beatles cantado un popurri das súas cancións máis coñecidas.
  Rematamos, cantando todos a canción "Love me do".
  Finalmente, bailamos e xogamos un ratiño antes de marchar de vacacións.

 
  Foi un Entroido moi musical!! 
  Para nós, o derradeiro no colexio Espedregada.

                                                                       Alberto D.


    Como sabedes San Valentín é o patrono dos namorad@s, pero... en realidade sabedes por que?

   Conta a historia, que Valentín foi un sacerdote que vivíu en Roma a finais do S. III. 
   Era unha persoa caritativa cos pobres e arriscaba a súa vida casando, ás agochadas, a aparellas en contra das normas establecidas nese momento, desobedecendo ao emperador. Este feito fixo que fose decapitado un 14 de febreiro do ano 270 converténdose en mártir e, posteriormente, santificado.

  A partir de entón,  os namorad@s confirman o seu amor este día, agasallándose mutuamente.

     
    Felicidades a todos es que vos sentides identificados!
    Grupo de traballo.


        O mércores, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. 

    Foi un día moi especial, porque sempre recibimos a visita das monitoras da Casa Rosada do Concello de Poio, que sempre nos fan pensar do importante que é  ser libres e vivir en harmonía cos demais.

 

   Este ano, sorprendéronnos cunha máquina máxica que, ao introducir os nosos monecos con noticias desagradables, facía que saíra limpo e branco para logo poñer os nosos homiños con palabras e desexos bonitos...vamos unha pasada de chula!

 

Agora temos o noso homiño exposto no corredor do colexio e recordemos que hai que tomar exemplo e ser boas persoas.

 

 

 

 

 

 

 

    Tamén nos cantaron unha fermosa canción dedicada á Paz chamada: "Abre o teu corazón" que compuso Miguel e Lucía, a cantante que nos representou en Eurovisión.




    Logo, nós interpretamos outra moi bonita que se titulaba: "En el mundo genial de las cosas que dices" de un grupo español moi coñecido chamado: "Maldita Nerea" e, mentres uns tocaban a guitarra e os demais acompañabamos, un representante de cada clase, levaba un cartel a modo de "bocadillo" onde se podía ler unha palabra bonita escollida de cada estrofa da canción.

 

 

 

 

 

 

 

 

   

    Ao final, déronlle a volta e apareceu a mensaxe con que precisamente titulamos este traballo.

 

Desexamos que vos guste.

Sabela e Noelia.