twitter


  Ola outra vez!

  Estes días andamos a pensar con moita ilusión, como chamarlle ao noso xornal e, entre todos, decidimos poñerlle: "A Voz de Espedregada". 

  Tamén comezamos a traballar no deseño, inspirándonos en xornais impresos e dixitais; manexamos varios formatos e xa temos máis ou menos ideada como será a plantilla da portada do noso xornal. 
  A partires de aquí, xa podemos ir escribindo as novas que temos xa redactadas e insertando as fotos que editamos con anterioridade.
 Como sabedes, todas elas van a falar das actividades máis importantes que se realizaron neste trimestre ( Día das Bibliotecas, O Samaín, e proxectos que levamos a cabo no cole como son :"Bichiños"e Patrulla verde).
                                                                                            Andrea


           


   Ola, eu son Leo, son alumno da clase de 6º do cole de Espedregada.
    Na nosa clase estamos xuntos os de 5º e 6º porque somos pouquiños; o noso titor chámase D. Miguel que vén sendo o mestre máis antigo do cole por iso lle chamamos “don”(coidadiño...un respecto).
    As miñas compañeiras de curso chámanse Andrea e Uxía son unhas nenas, todo hai que dicilo, guapas, intelixentes e moi traballadoras tanto, que ás veces, deixanme atrás e lévoo bastante mal. Aínda así, teño moita sorte de telas como compañeiras porque tiran por min e ata lles gaño cando me poño. 
 
    Eu son un neno algo despistado, calquera cousa me serve para evadirme: unha imaxe, un xesto, un comentario...eu que sei...e ala! os profes xa están chamándome a atención:
 
_Pero...Leo!! Por onde andas hoxe?
Eu non son quen de contestar e os rapaces dinme:
 _ Leeeeeeeo!!
_ Ai!! Si si.
 
   Sabedes, as cousas nas que máis penso son os problemas que teñen as persoas. Sempre sentín moita mágua pola xente que o pasa mal, que non ten cartos para comer ou para unha casa, que a botan do traballo, familias que se separan, nenos que teñen que cambiar de cole e de compañeiros...se poidera arranxar a súa situación dalgunha maneira, faríao. 
 
    Un día, a mestra de Cidadanía, propúxonos facer unha actividade distinta, eu esta vez estaba superatento. A actividade consistía en elaborar e deseñar a portada dun xornal, tiñamos que formar equipos de traballo e decidir en que parte nos gustaría colaborar, ben por afinidades ou por capacidades.
   
   Ese día pensei: vaia... que interesante! Eu quero participar na parte da busca e elaboración desas novas que a min tanto me preocupan, para dalgún xeito dalas a coñecer e ver se teñen solución.

   A min dáseme ben escribir, redactar e púxenme mans á obra. Tamén domino un pouco algúns programas informáticos como o Power Point, o Word, teño correo electrónico e gústame a fotografía. Polo tanto, sei que podo facer un bo traballo, se me poño, claro.

                                                           Leo