twitter


                           

    Esta última semana de clase, estamos tod@s un pouco alterados e nótase moito e con razón: exames, rematar temario, actividades de recollida e recopilación, poñer en orde a aula, ter a punto o baile que queremos facer, entrega de notas, aprobados, algún suspenso... uff só de dicilo xa cansa; mais estas datas son sempre moi desexadas por todos, sobre todo, os mestres e mestras que tamén o necesitan.

                               


    Hoxe, concretamente, tivemos un traballo doado e difícil ao mesmo tempo, era valorar que nos parecera o curso e como desexamos que sexa o que vén... complicadiño.


    Así que pensando que hai que ser honestos e obxectivos cando hai que dar unha opinión persoal que, este ano formou parte de moitas actividades que fixemos, puxémonos mans á obra.

 Como en todo, hai que respectar as opinións dos demais sempre que sexan de bo xeito e, sobre todo, constructivas... pois houbo de todo. 

    Aínda así, podemos salientar como máis importante, que aprendimos a convivir evitando ao máximo os conflictos, dando o mellor de cada un en prol do grupo...que non está nada mal. 

Tamén aprendimos moitos contidos novos en todas as materias (linguas, matemáticas, medio, expresión corporal e plástica...) e, sobre todo, cultura básica tan importante noutros ámbitos da vida.                                                                 

 Así que, o curso que vén 2012-2013 queremos que sexa, a lo menos, igual de bo que este e aproveitamos para dar as GRACIAS!! a tod@s os que nos seguiron e apoiaron cos seus agarimosos comentarios.

                                                                                                      


                                Bicos e flores para tod@s!!



  


    Esta actividade  iniciada nos primeiros días de clase, consistía en que, a medida que iamos dando os diferentes temas, tanto de galego como de castelán, tiñamos que facer  unha ficha bibliográfica e recopilar toda a información do autor/a, do ilustrador/a, resumir a historia, facer ilustracións e dar a nosa opinión persoal.

    Agora, ao  remate do curso, o que fixemos foi ordenalas todas, clasificalas por idiomas (galego-castelá) e facerlle unha portada para poder encadernar e... así quedaron: Moi lucidiñas!!

                                                                  Equipo de traballo

   


     Con motivo da primavera, decoramos as ventás con “móviles” que, como sabedes, son debuxos feitos de todo tipo de material e que despois se colgan en paredes, ventás, teitos a modo de "cortinilla" e quedan moi bonitos.

    Nós, o que fixemos foi, a partir de debuxos feitos en cartón que elaborou a profe (paxariños, niños, flores, bolboretas...) escollemos e debuxamos os que máis nos gustaron e cada un  o diseñou de xeito persoal.

    Tardamos algunhas semanas pero, cando rematamos, as ventás quedaron moi chulas e moi bonitas.



   Gustounos facer esta actividade porque era moi entretida (recortar, decorar, deseñar, montar...non perder as pezas) e relaxante ao mesmo tempo.

   A verdade é que o pasamos moi ben. Creo que a todos lles gustaría volver a facelo pero con outro tema, mais agora xa terá que ser para o curso que vén, porque este case, case está rematando.

          Que axiña pasa o tempo...a que si nen@as!!

















    Hoxe pasamos un día inolvidable, desos que se pode dicir redoooodos e vos imaxinaredes por que tal cousa... 
    A verdade é que levabamos esperando este día fai tempo e como todo o bo se fai esperar, ese día chegou.


    Primeiramente, tivemos unha de piratas dos malos malotes: o autor do libro do pirata "Benito Soto" Petete, veunos a contar a fantástica historia deste piratilla pontevedrés, terror dos mares, que vivíu na casa dos avós precisamente de Álvaro, un compañeiro noso.
   Cantamos a canción de pirata que nos ensinou e recitamos o poema de José de Espronceda entre tod@s.
   Finalmente, nos agasallou con diplomas e moedas de ouro sacados directamente do seu particular tesouro.


 

       E despois do recreo, outra sorpresa moi agradable: unha de voleibol...
       A nós que nos gusta tanto o fútbol, vimos e comprobamos que tamén hai outros deportes que son moi interesantes e que podemos practicar.
      Unha vez que aprendimos as normas pasamos directamente a xogar practicando saques, pases e tiros.


      E como en todo xogo uns gañan e outros perden (que é o normal) o importante é participar e, sobre todo, xogar...
a que si nen@s!!