·
Esta semana foi unha semana especialmente entretida, xa que fixemos moitas actividades produtivas e tamén creativas; a verdade é que disfrutamos un montón.
Á nosa clase tocounos rematar de plantar as hortalizas e aprendimos que hai que procurar sempre mellorar para sacar o máximo rendemento.
Á segunda hora, fomos saíndo por grupos, cada un coa súa plantiña: primeiro facíamos o burato, despois enterrabámola e, a continuación, preparamos o rego por goteo.
Esta actividade tan divertida e
educativa ensínanos como cultivar as nosas hortalizas e como coidar a
horta,
xa que despois de todo, o que fixemos, foi algo educativo e instrutivo.
A min
gustoume porque é moi divertido traballar en equipo.
Mónica


