Esta semana chegou á nosa clase o Libro Viaxeiro, así que estes días andivemos un pouco apurados porque non sabiamos moi ben como continuar a historia.
Total que, en canto nos puxemos a pensar, decidimos entre todos incluir personaxes que aínda non se mencionaran e intentar continuar o argumento de xeito que a todos nos gustara.
Entón o que fixemos foi nomear a dous coordinadores que foron elexidos por maioría (Jorge e Vivi) e logo eles encargáronse de distribuir o traballo: personaxes, texto e decoración da páxina que, como vedes, ten dúas esceas diferenciadas na ilustración e, na parte de abaixo, está o texto que foi redactado entre todos.
EQUIPO DE TRABALLO
A Festa dos Maios celébrase o primeiro día do mes das flores, recuperando unha tradición galega.
Nesta xornada festéxase a chegada do bo tempo e organízase unha mostra de Maios.
Os Maios son composicións que se fan con flores, herba, fiúncho, froitas e ovos como materiais máis habituais e que constitúen auténticas esculturas vexetais.
No certamen soen participar alumn@s de todo o municipio e tamén diversas asociacións culturais que cantan e tocan con palitroques coplas cargadas de humor e sorna.
Pensamos que esta celebración foi moi interesante porque todos aprendimos moitísimas cousas que non sabiamos.
Vivi 5º
Presentación floral ( Daniel 5º) |
Traballos Manuais (Ana 5º) |
Grazas aos mestres por agasallarnos cunha rosca que estaba doce, doce...
23 de Abril: "Día do Libro"
Non queremos deixar pasar este día tan importante para calquera estudante e non estudante, porque este "amigo" é algo moi especial no día a día de todo bo lector.
Nesta ocasión a actividade consistía en que dous alumn@s de cada clase, debían presentar o seu libro favorito e dicir por que o escolleron, falarnos un pouquiño do argumento, autor-a ilustrador-a, etc.
Na nosa clase, apuntáronse voluntarios a nosa compañeira Mónica, que falou do libro que están a traballar no Club de Lectura e Jorge, nos presentou "Frato" un libro que chegou ás súas mans a través da biblioteca e que lle sorprendeu polo que conta e tamén polas ilustracións.
Equipo de Traballo
Nestes días estamos a traballar nun proxecto moi interesante que ten que ver coas nosas orixes: A Cultura Celta.
Buscando información en libros de texto, biblioteca, enciclopedias, internet..., descubrimos que esta cultura remóntase a tempos da Prehistoria, e dicir, dende Idade de Ferro ata o Neolítico, extendéndose por todo o noroeste da Península Ibérica (Galicia, Norte de Portugal, Asturias e parte de Castela- León).
O que máis nos chama a atención son as súas casiñas feitas de pedra de forma circular, con foxos e muros para protexerse mellor das alimañas e dos enimigos.
Estas fortificacións estaban situadas en lugares estratéxicos tanto na costa, coma no interior e, así controlaban os seus cultivos, explotacións minerais, gando...
A Cultura Celta seguíuse desenrolando ata a chegada dos romanos, coñecéndose agora como a Cultura Castrexa.
Estas construccións foron habitadas ata ben entrada a Idade Media. Non se sabe con exactitude o número de castros que hai en Galicia, pero pode estimarse nun mínimo de 3000, aínda que tan só hai 50 castros excavados arqueolóxicamente.
Os castros máis importantes son os de Baroña, na Coruña e os de Santa Tegra na Garda (Pontevedra).
Manuel B., Noelia G. e Jorge V.
... E CHEGOU O DÍA
Esta festa é unha das celebracións que máis nos gustan das que realizamos no colexio porque, aínda que levamos moito traballo facendo os preparativos, escollendo o disfraz, os complementos, o baile..., tamén temos que organizarnos de xeito que non entorpeza demasiado o ritmo habitual das clases; as veces non o logramos, pero a lo menos o intentamos, que xa conta...non?
Este é o resultado e... a que estamos guapísimos todos!!
Como vedes estamos disfrazados de "Gato con botas", como o da peli na que o famoso actor malagueño Antonio Banderas pon a voz ao protagonista.
MÓNICA G.


