twitter


     Esta semana traballamos na Área de Cidadanía, un tema moi interesante que nos pode afectar a tod@s en calquera momento das nosas vidas: "A Discapacidade".

     
     Estudando este tema, aprendemos que debemos ter en conta todas as dificultades que estas persoas  atopan todos os días e, a través  das institucións e a nosa pequena labor diaria, podemos concienciar á xente que hai que mellorar moito máis neste sentido (social, sanitaria, económicamente...) para chegar á plena normalidade.

     A actividade para traballar este tema consistíu no seguinte:

1. Por grupos de tres, realizamos un traballo en formato mural onde debiamos explicar con textos e debuxos todo o que aprendemos deste tema.  
       Estivemos traballando ao longo de tres sesións.



  2. Unha vez rematado o traballo escolar, cada grupo tiña que expoñelo, explicándolles aos demais o tipo de enfoque e as conclusións finais.


     3. Entre todos chegamos á conclusión de que temos moito que mellorar, tanto a forma en que nos enfrontamos a esta realidade, como nas situacións que van surxindo día a día, o trato persoal e emocional e, sobre todo, no que respecta á movilidade, intentando eliminar ao máximo as barreiras para que poidan facer unha vida normal.



              Traballo de redacción: ANA S.

3 comentarios:

  1. Que traballo mais interesante!

  1. Cada vez que visito este blog; máis me gusta, espero que sigamos asi.

  1. Estudiar este tema estivo ben.Encántame o blog e todo o que ten.

Publicar un comentario