twitter


   A Festa dos Maios celébrase o primeiro día do mes das flores, recuperando unha tradición galega. 

   Nesta xornada festéxase a chegada do bo tempo e organízase unha mostra de Maios.

   Os Maios son composicións que se fan con flores, herba, fiúncho, froitas e ovos como materiais máis habituais e que constitúen auténticas esculturas vexetais.  

    No certamen soen participar alumn@s de todo o municipio e tamén diversas asociacións culturais que cantan e tocan con palitroques coplas cargadas de humor e sorna.

Pensamos que esta celebración foi moi interesante porque todos aprendimos moitísimas cousas que non sabiamos. 

   Vivi  5º   

Presentación floral ( Daniel 5º)

Traballos Manuais (Ana 5º)



Grazas aos mestres por agasallarnos cunha rosca que estaba doce, doce...

2 comentarios:

  1. O maio foi moi divertido.A rosca estivo moi boa.Foi un dia divertido.

  1. Ola
    O maio foi moi divertido e a rosca que nos deron as profes estaba riquísima.
    Moita xente repitiu


    NOELIA GÓMEZ

    BICOSSSSSSSSSSSSS

Publicar un comentario