twitter


                           

    Esta última semana de clase, estamos tod@s un pouco alterados e nótase moito e con razón: exames, rematar temario, actividades de recollida e recopilación, poñer en orde a aula, ter a punto o baile que queremos facer, entrega de notas, aprobados, algún suspenso... uff só de dicilo xa cansa; mais estas datas son sempre moi desexadas por todos, sobre todo, os mestres e mestras que tamén o necesitan.

                               


    Hoxe, concretamente, tivemos un traballo doado e difícil ao mesmo tempo, era valorar que nos parecera o curso e como desexamos que sexa o que vén... complicadiño.


    Así que pensando que hai que ser honestos e obxectivos cando hai que dar unha opinión persoal que, este ano formou parte de moitas actividades que fixemos, puxémonos mans á obra.

 Como en todo, hai que respectar as opinións dos demais sempre que sexan de bo xeito e, sobre todo, constructivas... pois houbo de todo. 

    Aínda así, podemos salientar como máis importante, que aprendimos a convivir evitando ao máximo os conflictos, dando o mellor de cada un en prol do grupo...que non está nada mal. 

Tamén aprendimos moitos contidos novos en todas as materias (linguas, matemáticas, medio, expresión corporal e plástica...) e, sobre todo, cultura básica tan importante noutros ámbitos da vida.                                                                 

 Así que, o curso que vén 2012-2013 queremos que sexa, a lo menos, igual de bo que este e aproveitamos para dar as GRACIAS!! a tod@s os que nos seguiron e apoiaron cos seus agarimosos comentarios.

                                                                                                      


                                Bicos e flores para tod@s!!



  

4 comentarios:

  1. Ola, son Maika.Queria deciros a todos que os traballos están moi ben, e gustaronme moito.Felicitacións a nosa profe Magaly, e tamen a todos os ,eus compañeiros que fixeron os traballos.Parabens a todos!!!!!!!!!!!

  1. Gustoume moito o debuxo de Vivi e tamén o de Gabriela.O traballo dos Xardíns Colgantes de Babilonia.
    Quedaron moi chulos e bonitos.
    Ana, bicosssssssssss.

  1. É unha pena que terminara o curso, pero o ano que ven o pasaremos moi ben, ata entón.

  1. Ola, son Jorge e encantáronme todos os traballos postos no blog, parabéns a todos os que traballaron nel.
    Moitos bicos e, ata o curso que ven!

Publicar un comentario