twitter









































     GEORGE WASHINGTON

      George Washington naceu en Pope´s Creek o 22 de febreiro do 1732. Fillo de Augustine Washington e da súa segunda esposa Mary Ball Washington, viviron preto da actual Colonial Beach. Máis adiente, trasladadose a Ferry Farm no Condado de Stafford (Virxinia).
     
      Foi educado no fogar polo seu pai e o seu irmán maior e, en 1751, viaxou co seu medio irmán a Barbados  hospedándonse en Bush Hill House.
   
    Washington era un rico cultivador de tabaco e inxeñeiro agrónomo. Servíu como oficial de milicias na guerra franco-india contra os franceses e dirixíu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Xurdidas as diferenzas coa metrópole (Inglaterra, o rei Xurxo III subira aínda máis os impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e, a emancipación, despois.


     
     O Congreso de Filadelfia nomeouno xeneral xefe do Exército Continental. Venceu aos xenerais ingleses: Clinton, Cornwallis, Bourgoyne e Howe.


      Finalmente, en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país e no ano 1789, tras as primeiras eleccións, Washington gañou e foi nomeado presidente sendo reelixido en 1793. Tras o seu segundo mandato, retirouse á vida privada en Mount Vernon.



    O seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e mostrouse contrario a toda intervención en Europa.

  George Washington faleceu o 14 de decembro de 1799 aos 67 anos.



Atopamos un vídeo que, aínda que está en inglés, serve a para ilustrar mellor a súa vida tan interesante e de paso... practicades un pouquiño.



              Equipo 1 de traballo: Alberto (coordinador) Jorge e Martín.

 

 







2 comentarios:

  1. Eliximos este personaxe porque ademáis de ser un presidente,foi o primeiro de Estados Unidos.Espero que vos guste.Saudos.

  1. Hola, pareceume moi entretido o traballo que fixeron os meus compañeiros. Saudos.

Publicar un comentario