
Ola, eu son Leo, son
alumno da clase de 6º do cole de Espedregada.
Na
nosa clase estamos xuntos os de 5º e 6º porque somos pouquiños; o
noso titor chámase D. Miguel que vén sendo o mestre máis antigo do
cole por iso lle chamamos “don”(coidadiño...un respecto).
As
miñas compañeiras de curso chámanse Andrea e Uxía son unhas
nenas, todo hai que dicilo, guapas, intelixentes e moi traballadoras
tanto, que ás veces, deixanme atrás e lévoo bastante mal. Aínda
así, teño moita sorte de telas como compañeiras porque tiran por
min e ata lles gaño cando me poño.
Eu
son un neno algo despistado, calquera cousa me serve para
evadirme: unha imaxe, un xesto, un comentario...eu que sei...e ala!
os profes xa están chamándome a atención:
_Pero...Leo!!
Por onde andas hoxe?
Eu
non son quen de contestar e os
rapaces dinme:
_
Leeeeeeeo!!
_
Ai!! Si si.
Sabedes,
as cousas nas que máis penso son os problemas que teñen as persoas.
Sempre sentín moita mágua pola xente que o pasa mal, que non ten
cartos para comer ou para unha casa, que a botan do traballo,
familias que se separan, nenos que teñen que cambiar de cole e de
compañeiros...se poidera arranxar a súa situación dalgunha
maneira, faríao.
Un
día, a mestra de Cidadanía, propúxonos facer unha actividade distinta, eu esta
vez estaba superatento. A
actividade consistía en elaborar e deseñar a portada dun xornal,
tiñamos que formar equipos de traballo e decidir en que parte nos
gustaría colaborar, ben por afinidades ou por capacidades.
Ese
día pensei: vaia... que interesante! Eu quero participar na parte da
busca e elaboración desas novas que a min tanto me preocupan, para
dalgún xeito dalas a coñecer e ver se teñen solución.
A
min dáseme ben escribir, redactar e púxenme mans á obra. Tamén
domino un pouco algúns programas informáticos como o Power Point, o
Word, teño correo electrónico e gústame a fotografía. Polo tanto,
sei que podo facer un bo traballo, se me poño, claro.
Leo

