twitter



   Na clase de Cidadanía que, como sabedes, só se estuda en 6º de Primaria, estamos a traballar nun tema moi interesante como é a forma de resolver os conflictos ou, o que é mellor, a como evitalos.

  Xuntámonos en dous grandes equipos: os gatiños e os canciños.

   Despois de organizarnos, fixemos tamén traballos individuais con distintos tipos de formato (murais, cadernos...) con debuxos e ilustracións alusivas sobre esta temática. Aquí van algúns exemplos:





A empatía é tamén un exemplo dese comportamento ou postura que debemos ter sempre á hora de defender as nosas ideas, é dicir, os "modos" e , ao mesmo tempo, poñerse no seu lugar para comprendelo mellor.




    A  conclusión é, que con este traballo, percatámonos da importancia que ten o evitar os conflictos á hora de traballar en común e o de tentar levarse ben para que os resultados sexan bos.
            Equipo de traballo. 

0 comentarios:

Publicar un comentario