Un ano máis, o último para nós, celebramos o Magosto con tintes solidarios en prol dos nenos e nenas
de África (R. do Congo).
Como en todo xogo e deporte, o importante é participar e nesta carreira aínda máis, a verdadeira finalidade era recaudar cartos para axudar aos que máis o necesitan.
Cada un de nós colaborou dentro das súas posibilidades para mellorar un pouquiño a situación de desnutrición e falta de asistencia sanitaria que padece a infancia neste continente.
Ao rematar a carreira, fomos por grupos a comer as castañas e chourizos preparados polos profes no patio cuberto do cole e despois tivemos un ratiño para xogar cós compañeiros todos xuntos.
A verdade é que o pasamos moi ben, todo estaba boísimo e disfrutamos ao máximo do noso derradeiro Magosto en Espedregada.
Na aula, traballamos esa semana coa unidade didáctica e fixemos traballos ilustrativos por grupos.
Estes son algúns deles, esperamos que vos gusten!!
Gabriela Pazos.

.jpg)


2 de diciembre de 2012 a las 18:26
O magosto foi moi divertido porque comemos moitas castañas e bocadillos de chourizo(O comento dende Madrid).