O mércores, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.
Foi un día moi especial, porque sempre recibimos a visita das monitoras da Casa Rosada do Concello de Poio, que sempre nos fan pensar do importante que é ser libres e vivir en harmonía cos demais.
Este ano, sorprendéronnos cunha máquina máxica que, ao introducir os nosos monecos con noticias desagradables, facía que saíra limpo e branco para logo poñer os nosos homiños con palabras e desexos bonitos...vamos unha pasada de chula!
Agora temos o noso homiño exposto no corredor do colexio e recordemos que hai que tomar exemplo e ser boas persoas.
Tamén nos cantaron unha fermosa canción dedicada á Paz chamada: "Abre o teu corazón" que compuso Miguel e Lucía, a cantante que nos representou en Eurovisión.
Logo, nós interpretamos outra moi bonita que se titulaba: "En el mundo genial de las cosas que dices" de un grupo español moi coñecido chamado: "Maldita Nerea" e, mentres uns tocaban a guitarra e os demais acompañabamos, un representante de cada clase, levaba un cartel a modo de "bocadillo" onde se podía ler unha palabra bonita escollida de cada estrofa da canción.

Ao final, déronlle a volta e apareceu a mensaxe con que precisamente titulamos este traballo.
Desexamos que vos guste.
Sabela e Noelia.