Este ano, o Entroido foi algo especial, porque fomos todos da mesma temática a modo de comparsa: "os anos 60" e os protagonistas: a banda de rock británica "Os Beatles".
A nós tocounos ir de Beatles, cun grupo de baile, os gardaespaldas e a manager, que se encargou de organizar a actuación.
Os ensaios foron moi divertidos, pero intensos; xa que foron moitas
as horas que empregamos para que saíra ben e, ao longo dun mes, estivemos levando a cabo os preparativos.
Ensaiamos coa teacher a canción "Love
me do" e "Come together",que cantamos todo o cole e, coa profe de música, a parte do baile e interpretación. Divertímonos
moito facendo xestos e demáis.
Case sen darnos de conta, chegou o día. Todos estabamos moi contentos, mais os nervios estaban aí.
Pola mañá, á primeira hora, fixemos un último ensaio e, despois, para calmarnos un pouco, comimos os ricos postres que as nosas familias nos prepararon (graciñas).
Logo, saímos á rúa por cursos e comezamos a desfilar ata Samieira ao ritmo da música brasileira.
As nais tamén se animaron a acompañarnos disfrazándose de hippies e ata estaba a raíña-nai Isabel II de Inglaterra!!
Cando chegamos a Samieira, formamos un círculo e comezamos a actuar:
Os primeiros foron os de 4º e 5º, que cantaron "Come Together".
Logo nós, os de 6º, que interpretamos aos Beatles cantado un popurri das súas cancións máis coñecidas.
Rematamos, cantando todos a canción "Love me do".
Finalmente, bailamos e xogamos un ratiño antes de marchar de vacacións.
Foi un Entroido moi musical!!
Para nós, o derradeiro no colexio Espedregada.
Alberto D.

