...que un gato chamado Cat atopouse cun rato chamado Mousse que presumía de ser máis áxil e forte ca el e este un día lle dixo:
_ Eu, pode que sexa máis pequeno ca ti, pero son moi rápido e intelixente.
De súpeto, comezaron a rifar e Cat quería coller a Mousse para lastimalo, pero este foi máis listo e meteuse no burato, mais sentiuse un pouco triste pola pelexa que tiveron.
Ao día seguinte,chegou o dono de Cat cunha nova mascota que, ao parecer, era moito máis tolerante porque fora moi ben educada.
_Ola! Chámome Cat.
_Ola! Eu son Dog, o novo.
Cat explicoulle a Dog o que sucedera con Mousse. Dog founo a buscar e lle dixo:
_ Sabes? Cat contoume o que vos pasou.
_ A min tampouco me gustou, pero é moi presumido e claro...tivemos que rifar.
_Ben, pois vou chamar a Cat e tentaremos buscarlle solución.
_Vale.
_Cat e Mousse, primeiro vos desculpades porque os dous sodes igual de importantes.
_Ben, eu penso que tes razón, foi unha tontería, non cres?
_Si tes razón.
Dende aquel día, grazas a Dog, aprenderon a ser tolerantes e fixéronse amigos para sempre.
AUTORAS: Ana, Maika e Gabriela.


