twitter


    

 

   O día 23 de abril foi elixido como Día Internacional do Libro, pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso da Vega na mesma data no ano 1616 (aínda que realmente non é así: Cervantes faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentres que Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano, que corresponde ao 3 de maio do calendario gregoriano). Nesta data tamén faleceron William Wordsworth (en 1850) e Josep Pla (en 1981).




   

  A Unión Internacional de Editores propuxo esta data á Unesco, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. 

   A Conferencia Xeral da Unesco aprobouna en Parides o 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o "Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor".

 

 

 

 

 

            Equipo de traballo

1 comentarios:

  1. Gustoume moito esta actividade que fixéstedes e ademaís paréceme moi orixinal .
    Moitas felicitacións .

Publicar un comentario