twitter




·         Esta semana foi unha semana especialmente entretida, xa que fixemos moitas actividades produtivas e tamén creativas; a verdade é que disfrutamos un montón.
       
        
     Á  nosa clase tocounos rematar de plantar as hortalizas e aprendimos que hai que procurar sempre mellorar para sacar o máximo rendemento.

      Á segunda hora, fomos saíndo por grupos, cada un coa súa plantiña: primeiro facíamos o burato, despois enterrabámola e, a continuación, preparamos o rego por goteo.


        Esta actividade tan divertida e educativa ensínanos como cultivar as nosas hortalizas e como coidar a horta,

xa que despois de todo, o que fixemos, foi algo educativo e instrutivo.


       A min gustoume porque é moi divertido traballar en equipo.


                                      Mónica

0 comentarios:

Publicar un comentario